top of page

Función de relación nos animais

Unknown Track - Unknown Artist
00:00 / 00:00

 

Nos animais a relación co medio interno e externo realízana os sistemas nervioso e hormonal.

A coordinación hormonal realízase mediante substancias chamadas hormonas que son “mensaxeiros químicos” segregados nas glándulas endócrinas como resposta a un estímulo interno ou externo (por exemplo, as hormonas sexuais dos mamíferos segréganse en dúas glándulas endócrinas caracterízanse porque non presentan condutos cara ao exterior, senón que verten as súas secrecións directamente no sangue ou no medio interno.

A función das hormonas consiste en exercer unha acción específica nun tecido ou órgano determinado, polo que necesitan ser transportadas polo aparello circulatorio dende a glándula ata calquera punto do organismo.

A acción das hormonas é lenta, xa que tardan en chegar dende as glándulas aos tecidos, pero é duradeira, manténdose certo tempo no medio interno. Despois de levar a cabo súa acción, son eliminadas e o organismo volve a fabricalas cando as necesita, polo que as glándulas endócrinas están en continua actividade.

Poden existir tamén hormonas liberadas por tecidos non glandulares ou por neuronas secretoras (células nerviosas con capacidade de secreción). Existe outro tipo de hormonas chamadas feromonas, que son liberadas ao exterior por glándulas exocrinas e que ten relación con moitos comportamentos animais.

Nos invertebrados, como os artrópodos, é frecuente a presenza de neuronas secretoras, que poden liberar hormonas responsables dos cambios de cor, da muda ou da metamorfose. Nos vertebrados as hormonas segréganse en glándulas endócrinas específicas (como son a hipófise, o tiroides, o páncreas, as cápsulas suprarrenais, os ovarios e testículos, etc.).

A coordinación nerviosa realízase mediante o sistema nervioso, formado por células especializadas chamadas neuronas.

O impulso nervioso é un proceso electroquímico que se vai transmitindo ao longo das neuronas, pasando dunha neurona a outra. A pesar de que as neuronas non están unidas entre si, establécese unha comunicación entre elas mediante as chamadas sinapses.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Correspondències fòniques

Ajudes lèxiques

Ajudes morfosintàctiques

Ajudes gramaticals

Numerals

bottom of page